Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 16 de outubro de 2001, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador PESAN1 1999/002011-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido áchanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 1999/002011-1.

Denunciado: David Rey Millares.

DNI: 52933830.

Enderezo: trav. de Padín, 10-1º, Ribeira.

Precepto infrinxido: 6.9º.

Sanción: 75.000 pesetas, 450,76 euros.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 311.000.174/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal da Coruña, título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

A Coruña, 16 de outubro de 2001.

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña