Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unió Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Título: L.M.T., C.T. polígono de Sabón, parcela 110-B.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 49 m de lonxitude, no seu tramo aéreo, coa orixe en apoio nº 8 da liña denominada polígono Sabón-Intel, seguido de tramo subterráneo, baixo tubo, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 3 m de lonxitude e final en C.T. en parcela de Talleres Arteixo. Centro de transformación, tio caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en parcela 110-B do polígono de Sabón. Concello de Arteixo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 28 de setembro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña