Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.610

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2001 pola que se adxudican axudas correspondentes ó Programa de Conservación do Patrimonio Cultural e Desenvolvemento Turístico do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas nos anexos I e II da Orde do 25 de xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 12 de xullo).

A orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 25 de xuño de 2001 (DOG do 12 de xullo), aprobaba as bases que rexerían as convocatorias de axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en temas de conservación e protección do patrimonio cultural (anexo I) e para a realización de proxectos de investigación empresarial en temas de

conservación e protección do patrimonio cultural (anexo II), correspondentes ó Programa de Conservación do Patrimonio Cultural e Desenvolvemento Turístico do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Nas bases 6 e 8 dos anexos I e II, respectivamente, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións para designar polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada polas citadas comisións,

RESOLVO:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación ás persoas que se citan no anexo I desta resolución, na contía e polas anualidades que, en cada caso, se sinalan. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas nas bases da convocatoria. As axudas corresponden á totalidade da subvención necesaria para a relación do correspondente proxecto, incrementado nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución lle supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Segundo.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial en temas de conservación do patrimonio cultural ás empresas que se citan no anexo II desta resolución, na contía e polas anualidades que se sinalan.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 25 de xuño de 2001 (DOG do 12 de xullo), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 25-6-2001;P.D. (Orde 15-6-2001;

DOG do 12 de xullo)DOG do 12 de xullo)

Miguel A. Ríos FernándezÁngel Sicart Giménez

Secretario xeral de InvestigaciónDirector xeral de

e DesenvolvementoPatrimonio Cultural

ANEXO I

SOLICITANTE

CÓDIGO DA AXUDA

TÍTULO

ANOS

2001

MILES

PTAS.

2002

MILES

PTAS.

2003

MILES

PTAS.

2004

MILES

PTAS.

TOTAIS

MILES

PTAS.

PERSOAL

CARBALLO-CALERO RAMOS, Mª VICTORIAPGIDT01PAT38201PRPOSTA EN VALOR, MODELADO VIRTUAL E PROTOTIPADO DE ASENTAMENTOS ARQUEOLÓXICOS: APLICACIÓN Ó CASTRO DE CASTROMAO (CELANOVA).310.4702501806710.967...

SUBPROXECTOS:

CARBALLO-CALERO RAMOS, Mª VICTORIAUNIVERSIDADE DE VIGO33.82010080374.037NON

LEICEAGA BALTAR, XOÁN A.UNIVERSIDADE DE VIGO36.650150100306.930NON

FABREGAS VALCARCE, RAMÓNPGIDT01PAT21001PRESTRATEXIAS PARA A PROTECCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO INMOBLE: O CASO DO MEGALITISMO NA COMARCA DO DEZA38.0003.80055028512.635SI

FRANCO TABOADA, JOSÉ ANTONIOPGIDT01PAT11601PRFOTOGRAMETRÍA TERRESTRE E RADAR DE RANGO PRÓXIMO: DESENVOLVEMENTO DUNHA METODOLOXÍA APLICADA Ó PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO.26.8503.28065010.780SI

JATO RODRÍGUEZ, Mª VICTORIAPGIDT01PAT38301PRESTUDIO DA AEROMICROFLORA DA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E DO MUSEO CATEDRALICIO COMO FACTOR DE RISCO PARA A SÚA BIODETERIORACIÓN.25.3502.4257508.525SI

RAMIL REGO, PABLOPGIDT01PAT29101PRCARACTERIZACIÓN PALEOAMBIENTAL E ARQUEOMÉTRICA DO POBOAMENTO HUMANO EN GALICIA DURANTE O ÚLTIMO CICLO GLACIAR-INTERGLACIAR (110000- O B.P.).38.5004.0001.30017013.970SI

RODRÍGUEZ CASAL, ANTÓN ABELPGIDT01PAT21002PRCONSERVACIÓN E REVALORIZACIÓN SOCIOCULTURAL DO PATRIMONIO MEGALÍTICO DA COSTA DA MORTE (GALICIA).36.0002.8006201509.570SI

VARELA MALLOU, JESÚSPGIDT01PAT21101PR¿QUE DEMANDAN OS TURISTAS ESTRANXEIROS? DIAGNÓSTICO DA IMAXE DE MARCA DE GALICIA COMO PRODUCTO TURÍSTICO INTERNACIONAL.36.6673.54560018811.000NON

ANEXO II

EMPRESA

CÓDIGO DA

AXUDA

TÍTULO

PERSOAL

ANOS

2001

MILES

PTAS.

2002

MILES

PTAS.

2003

MILES

PTAS.

TOTAIS

MILES

PTAS.

% SUBVENCIÓN SOBRE O

TOTAL SUBVENCIONABLE DO

PROXECTO

BIC MATERIALES Y CONSERVACIÓNPGIDT01PAT01EPROXECTO PARA O ESTUDIO, CONTROL E LIMPEZA DOS GRAFITTIS PRESENTES NOS CENTROS HISTÓRICOS DE GALICIA.SI21.4501.9009504.30050

TOMOS CONSERVACIÓN RESTAURACIÓN, S.L.PGIDT01PAT02ELIMPEZA E/OU ELIMINACIÓN DE VERNICES ALTERADOS EN OBRAS DE ARTE POR MÉTODOS LÁSER.SI23.0003.5001.9008.40075