Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Udesa.
Domicilio social: rúa de Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas), Santiago de Compostela.
Denominación: L.M.T. e C.T. en Tarrío.
Situación: Touro.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 625 m de lonxitude en conductor LA-30, que parte da L.M.T. Figueiroa Millares e final no C.T.I. de Tarrío de 50 kVA. Concello de Touro.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE nº 285) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no proxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 4 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña