Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2001, do Servicio Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada C-535, Becerreá-Vendas de Narón, treito: polígono de Mourelle-Sarria, clave: N/LU/01.1, termo municipal de Sarria.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desen

volvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras descritas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se realizarán con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 24 de xullo de 2001, procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras de acondicionamento da estrada C-535, Becerreá-Vendas de Narón, treito: polígono de Mourelle-Sarria, clave: N/LU/01.1, termo municipal de Sarria, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 7 de setembro de 2001, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 231/2001, publicado no DOG nº 191, do 2 de outubro de 2001.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Sarria.-Data: 4 de decembro de 2001.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Arias López, Araceli a Losada López, Jesús.-Data: 5 de decembro de 2001.

Horario: 10 horas a 13 horas.

De: Loureiro, Amadeo a Vázquez López, hdos. José.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no Concello de Sarria e no Servicio Provincial de Estradas de Lugo (Ronda da Muralla 70 1ª planta) 27071, Lugo.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das

actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas de Lugo, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 19 de outubro de 2001.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial de Estradas

de Lugo