Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2001 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de asistencia técnica para a realización dunha revisión de control financeiro de beneficiarios de axudas concedidas polo Instituto Galego de Promoción Económica. Concurso 3/01.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: realización dunha revisión de control financeiro de beneficiarios de axudas concedidas polo Instututo Galego de Promoción Económica.

c) Diario Oficial de Galicia e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 141, do 20 de xullo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.250.000 pesetas (37.563,26 euros) IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 4 de outubro de 2001.

b) Contratista: Servicio de Auditoría y Consultoría de Empresas, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cinco millóns novecentas trinta e sete mil cincocentas pesetas (5.937.500) (35.685,09 euros).

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda