Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.554

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de outubro de 2001 pola que se clasifica como mixta a Fundación Pazo Universitario Provincial.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Pazo Universitario Provincial, con domicilio en Lugo.

Supostos de feito.

1. José Ferreiro Fernández, en nome e representación da fundación, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Sarria, o día 18 de xaneiro de 2001, ante o notario Manuel Ignacio Castro-Gil Iglesias, co número cento setenta e nove do seu protocolo, por Francisco Cacharro Pardo, Blanca García Montenegro, Jesús Lence Ferreiro, José María López Rancaño, Juan Yáñez Díaz, Ramón Cortizo Cosme, Ramiro López López, Roberto López García, Ana María López Amarante, Manuel Pérez Masero, Eduardo Arias Ferreiro, Manuel Núñez Aldegunde, Carlos Costas Lombardía, Francisco López Santos González-Paraños, Isidro Otero Bello, Antonio de Castro Vila, Antonio Garaloces Paz, Eduardo Míguez López, José Ramón Baldonedo Moreira, Alfredo Horacio Mosteirín Castañer, Antonio Luis Borrajo Cossío, María Trinidad Lombardero Fernández, José Ferreiro Fernández, Raúl José López López, Domingo José Trigo Pérez, Eduardo Valín Fernández, Edmundo Novoa González, Antonio López Vega e Pablo Campo Fernández; interveñen Francisco Cacharro Pardo en nome e representación da

Deputación Provincial de Lugo e en nome e representación, na súa calidade de mandatario verbal, da entidade mercantil denominada Promotora de Alojamientos Lucenses S.A.; José Ferreiro Fernández, en nome e representación, na súa calidade de mandatario verbal, das seguintes entidades mercantís: a) Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín, b) José Sanjurjo Construcciones S.L., c) Edelmiro López Rodríguez, d) Torvar, S.L., e) J. Constantino Núñez, S.L., f) Plásticos Ferro, S.L., g) M.D. Lugo, S.L., h) Sementes de Galicia, S.L., i) Ovidio Villar, S.A., j) Bloques Cando, S.L., k) Muebles La Fábrica Sarria, S.L., l) De Madera Madera, S.L.; Raúl José López López en nome e representación das entidades mercantís: Empresa Monforte, S.A.; Transportes La Unión, S.A., Hemisferios, S.L. e Vigo-Barcelona, S.A. e Dársena Motor, S.L., Blanca García Montenegro, en nome e representación da entidade mercantil El Progreso de Lugo, S.L.; Jesús Lence Ferreiro en nome e representación da entidade mercantil

Leite Río, S.L.; José María López Rancaño en nome e representación da entidade mercantil Lácteos de Abadín, S.L.; Juan Yáñez Díaz en nome e representación da entidade mercantil Obras y Viales Bascuas, S.L.; Ramón Cortizo Cosme en nome e repre

sentación da entidade mercantil Obras y Construcciones Cortizo, S.L.; Ramiro López López no seu propio nome e dereito; Roberto López García en nome e representación da entidade mercantil Ingapan, S.L.; Ana María López Amarante en nome e representación da entidade mercantil Cemar Alimentación, S.L.; Manuel Pérez Masero en nome e representación da entidade mercantil Computer 3, S.L.; Eduardo Arias Ferreiro en nome e representación da entidade mercantil Edusol, S.L.; Manuel Núñez Aldegunde en nome e representación da entidade mercantil Hotel Torre de Núñez, S.L.; Carlos Costas Lombardía en nome e representación da entidade mercantil Costas Asesores, S.L.; Francisco López Santos González-Paraños en nome e representación da entidade mercantil Electromecánicos Viveiro, S.A.; Isidro Otero Bello en nome e representación da entidade mercantil Construcciones Isidro Otero, S.L.; Antonio de Castro Vila en nome e representación da entidade mercantil Castro Parga, S.L.; Antonio Garaloces Paz en

nome e representación da entidade Balneario de Lugo, S.L.; Eduardo Míguez López en nome e representación de Organización de Productores Pesqueros de Lugo; José Ramón Baldonedo Moreira en nome e representación da entidade mercantil Construcciones y Promociones J. Díaz Fernández, S.L.; Alfredo Horacio Mosteirín Castañer en nome e representación da entidade mercantil Castañer y Castañer, S.L.; Antonio Luis Borrajo Cossío en nome e representación da entidade mercantil Pebosa, S.A.; María Trinidad Lombardero Fernández en nome e representación da entidade mercantil Hotel Santiago, S.L.; Domingo José Trigo Pérez en nome e representación da entidade mercantil Sport Auto Lugo, S.L.; Eduardo Valín Fernández en nome e representación, na súa calidade de mandatario verbal da entidade mercantil Transportes Valín e Hijos, S.A.; Edmundo Novoa González en nome e representación da entidade mercantil Lartimer, S.A.; Antonio López Vega en nome e representación da entidade mercantil Investigación y

Control Lugo, S.L. e Pablo Campo Fernández en nome e representación da entidade mercantil Europizarras, S.A.

3. Segundo consta no artigo 4 dos seus estatutos da fundación, o obxecto desta é fomenta-la práctica deportiva entre a xuventude e a comunidade educativa e universitaria e, ademais, a título enunciativo, poderá:

-Xestionar actividades deportivas, directamente ou a través de convenios ou contratos.

-Ser titular de accións ou outros títulos de entidades de natureza societaria ou asociativa.

-Fomentar e organizar encontros, seminarios e convencións, co fin de profundizar no achegamento da xuventude, da familia e da comunidade universitaria ó deporte, directamente ou a través de convenios ou contratos.

-Ser un nexo de unión coas empresas e entidades interesadas en fomentar unha cultura e valores

tomando como referencia o deporte e a súa vinculación coa familia, coa xuventude e coa comunidade universitaria.

-Potencia-la integración da universidade e o que representa na provincia, a través do concepto que supón a práctica do deporte e a súa xestión.

-Coadxuvar ó sostemento e promoción do deporte, a través de contratos ou convenios con entidades deportivas.

-Fomento, promoción e participación en proxectos e programas nacionais e internacionais, propios ou alleos, que contribúan ó desenvolvemento económico, cultural e ambiental, no seu sentido máis amplo.

-Elaboración de estudios e proxectos sobre os puntos anteriores.

4. O padroado da fundación estará formado segundo o indicado no artigo 16 dos estatutos.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como mixta da Fundación Pazo Universitario Provincial dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, cómpre a súa clasificación como mixta e a súa adscrición á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 29 de outubro de 2001.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego,

así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como mixta a Fundación Pazo Universitario Provincial e adscribila á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública