Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 09 de novembro de 2001 Páx. 14.548

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN EN S.R.A.U. DE ALTAMIRA-A ZAPATEIRA (A CORUÑA)

ANUNCIO de trámite de información pública.

A asemblea xeral da Xunta de Compensación en S.R.A.U de Altamira-A Zapateira do Concello da Coruña acordou, na sesióin extraordinaria do día 2 de novembro de 2001, aprobar inicialmente, por unanimidade, o proxecto de compensación de Altamira-A Zapateira, que deberá ser sometido a información pública polo prazo de vinte días desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, servindo de comunicación a Jesús Aldao Pan, con domicilio descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O expediente completo atópase exposto no Departamento de Urbanismo do Concello da Coruña (Casa Paredes, avda. da Mariña, s/n) e na sede social da propia xunta de compensación, sita na rúa Arxentina, 25, baixo, en horario de 10 a 14 e 16 a 19 horas, onde se poderán presenta-las alegacións que se consideren pertinentes.

A Coruña, 3 de novembro de 2001.

Mª Belia Vellón López

Secretaria da Xunta de Compensación en S.R.A.U.

Altamira-A Zapateira, A Coruña