Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 09 de novembro de 2001 Páx. 14.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da subministración de bancos, mesas, papeleiras e fontes para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parques e Xardíns. Nº de expediente 2250/446.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de bancos, mesas, papeleiras e fontes.

Unidades que se entregarán: véxanse condicións técnicas.

Lotes: si, catro lotes.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 10 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 1.500.000 pesetas (9.l015,18 euros); lote 2: 1.000.000 de pesetas (6.010,12 euros); lote 3: 1.000.000 de pesetas (6.010,12 euros) e lote 4: 500.000 pesetas (3.005,06 euros).

5. Garantías: provisional: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 29 de outubro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde