Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 09 de novembro de 2001 Páx. 14.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

EDICTO.

O Concello de Tomiño, en sesión plenaria que tivo lugar o día 27 de outubro de 2001, acordou aproba-lo proxecto de abastecemento de auga na parroquia de Sobrada, polo importe de 57.331.391 pesetas, redactado por Manuel de la Varga Fernández, solicitando da Xunta de Galicia unha subvención do 100% do mencionado importe.

O citado proxecto e o expediente de referencia sométense a información pública para a presentación de alegacións polo prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP e no DOG.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Tomiño, 29 de outubro de 2001.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde