Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 09 de novembro de 2001 Páx. 14.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de San Cibrao das Viñas.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización da obra de saneamento en San Cibrao, A Zamorana e A Cruz de Rante.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: San Cibrao das Viñas, A Zamorana e A Cruz de Rante.

d) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento de licitación: 17.164.772 pesetas (dezasete millóns cento sesenta e catro mil setecentas setenta e dúas pesetas); 103.162,36 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base da licitación: 343.295 pesetas; 2.063,24 euros.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: secretaría do Concello de San Cibrao das Viñás, en horario de 9 a 14 horas.

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución 1 San Cibrao das Viñas. Teléfono 988 38 10 34; Fax 988 38 11 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Un exemplar do proxecto e o prego de cláusulas depositaranse na fotocopiadora Puga, situada na zona

universitaria (Ourense) para a obtención de copias polos interesados.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo de presentación: ata o vixésimo sexto (26) día natural contado desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG de 9 a 14 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación, consonte cos modelos que se establecen no digo prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da casa do concello ou por cualquera dos procedementos previstos no artigo 100 de Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Data: o terceiro día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel ó remate do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do expediente.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 22 de outubro de 2001.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa