Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 09 de novembro de 2001 Páx. 14.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (C2001/6).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratacion*aytolacoruna.es.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto sen trámite de admisión previa.

b) Obxecto: concesión administrativa relativa á execución das previsións do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) en relación co sector S-4 (Vío).

3. a) Lugar de execución: termo municipal da Coruña, España.

b) Natureza e alcance das prestacións: realización dos traballos e actividades de desenvolvemento urbanístico necesarios para a completa urbanización e posta en funcionamento dun dos dous polígonos no que se dividirá o sector citado do PXOM, entre eles:

-Redacción do Plan parcial do sector, o Plan especial do VG-S9.02, o proxecto de urbanización do polígono nº 1 e, se é o caso, o proxecto de reparcelación necesario para a adxudicación de parcelas ós terceiros excluídos da expropiación.

-Execución das obras do polígono nº 1.

-Redacción dos proxectos de expropiación do polígono 1 e do VG-S9.01.

-Prestación de asistencia técnico-xurídica ó Concello da Coruña durante a tramitación do expediente expropiatorio.

-Alleamento das parcelas resultantes.

4. Prazos de execución:

Plans parcial e especial: un mes.

Proxecto de expropiación: tres meses.

Proxecto de urbanización do polígono número 1: tres meses.

Execución das obras: corenta e dous meses.

5. Obtención de documentación: a documentación do concurso, gratuíta, poderá solicitarse durante o prazo de presentación de proposicións á Sección de Contratación do Concello da Coruña. Véxase punto 1.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 17 de decembro de 2001 (ata as 13 horas).

b) Enderezo: Rexistro Xeral de Entrada (véxase punto 1).

c) Idiomas: castelán e galego.

7. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura de plicas: acto público.

b) Lugar: véxase punto 1. Data: 26 de decembro de 2001. Hora: 12.

8. Garantía provisional: 20.000.000 de pesetas (120.202,42 euros).

Garantía definitiva:

-Execución das obras: 4% do orzamento de execución material.

-Garantía de pago dos prezos xustos da expropiación: véxase prego.

9. Financiamento: o concesionario asumirá o financiamento da totalidade dos investimentos necesarios para levar a cabo o contrato.

10. Cando varios empresarios opten á adxudicación en unión temporal de empresas, cada un dos que a forma deberá acredita-la súa capacidade de obrar consonte o establecido no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico dos licitadores: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador está obligado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde a apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: a adxudicación efectuarase tendo en conta os seguintes criterios obxectivos (orde decrecente de importancia):

-Prazo de execución das obras e de posta en venda das parcelas urbanizadas: ata 25 puntos.

-Prezo final das parcelas urbanizadas: ata 25 puntos.

-Anteproxecto de Plan parcial: ata 20 puntos.

-Superficie de terreos de propiedade do licitador situados dentro do ámbito: ata 15 puntos.

-Melloras que se propoñan en relación co obxecto do contrato: ata 10 puntos.

14. Información complementaria. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

15. Clasificación empresarial.

-Grupo A, subgrupo 1, 2, categoría f.

-Grupo E, subgrupo 1, categoría f.

-Grupo G, subgrupos 3, 4, 5, categoría f.

-Grupo I, subgrupos 1, 3, 5 e 6, categoría f.

-Grupo K, subgrupos 6 y 9, categoría f.

16. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais da Comunidade Europea: 25 de outubro de 2001.

A Coruña, 25 de outubro de 2001.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de contratación