Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 09 de novembro de 2001 Páx. 14.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de cafetería, bar, comedor dos hospitais médico-cirúrxico de Conxo, Psiquiátrico de Conxo e Gil Casares, integrantes deste complexo hospitalario mediante procedemento aberto. (Expediente 4/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Obxecto: servicio de cafetería, bar, comedor dos hospitais médico-cirúrxico de Conxo, Psiquiátrico de Conxo e Gil Casares, integrantes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Canon mínimo total: cento corenta e catro mil douscentos corenta e dous euros, con oitenta e oito céntimos (144.242,88 euros) vintetrés millóns novecentas noventa e nove mil novecentas noventa e seis pesetas (23.999.996 pesetas) IVE incluído. Canon mínimo mensual: 2.003,37 euros (333.333 pesetas).

3. Garantías.

Provisional: 1.500 euros (249.579 pesetas).

Definitiva: 3.000 euros (499.158 pesetas).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

5. Prazo de execución: seis anos, desde o día 1 de decembro de 2001 ou data de sinatura do contrato se fose posterior. O contrato poderá ser prorrogado por períodos anuais, por mutuo acordo expreso de ámbalas partes, sen que a súa duración máxima, incluídas as prórrogas, exceda de quince anos.

6. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios seguintes:

-Informe de institucións financeiras.

-Contas anuais ou extracto delas.

-Declaración relativa á cifra de negocios global e dos traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

8. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios seguintes:

-Titulacións académicas e profesionais dos empresarios, do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato.

-Relación dos principais traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

-Declaración que indique a media anual de persoal, con mención, se é o caso, do grao de estabilidade no emprego do cadro de persoal directivo durante os últimos tres anos.

-Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato.

-Declaración das medidas adoptadas polos empresarios para controla-la calidade, así como dos medios de estudio e de investigación de que dispoñan.

9. Criterios de adxudicación.

-Melloras á oferta. Achega/s adicional/is: ata 40 puntos.

-Proxecto de obra e adecuación de locais e instalacións: ata 25 puntos.

-Oferta de artigos: prezos: ata 20 puntos.

-Oferta económica: canon: ata 15 puntos.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demáis documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou por correo na forma indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ás 10 horas do sétimo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2001.

Jordi Riba i Hibernon

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela