Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 6 de agosto de 2001 pola que se autoriza a transmisións mortis causa da concesión da batea Otero IV.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Otero IV e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 24 de xullo de 2001, Félix Rey Domínguez, en representación da comunidade de herdeiros de Joaquina Domínguez Domínguez, solicitou autorización para transmisión da concesión da batea Otero IV.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, y coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas

augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de Félix Rey Domínguez (35371017), Félix Rey Domínguez (35393891-L) e José Rey Domínguez (76851498-B), da concesión que se indica a continuación:

Identificación

Tipo: batea.

Nome: Otero IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 63.

Polígono: G.

Distrito: O Grove(Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante.

Orde de outorgamento: 30-5-1975.

Remate da vixencia: 25-6-2005.

Actual titular: Joaquina Domínguez Domínguez (35371513-C) e Félix Rey Domínguez (35371017).

Novo titular: Félix Rey Domínguez (35371017), Félix Rey Domínguez (35393891-L) e José Rey Domínguez (76851498-B).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común y o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 6 de agosto de 2001.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo