Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións SCS.-14/2001. Adquisición de equipamento con destino a diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia (4 lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición do equipamento con destino a diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia (4 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-14/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento.

c) Lote: 4 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 71, do 10 de abril de 2001 e BOE nº 91, do 16 de abril e DOCE S71 do 11 de abril de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento vinteoito millóns oitocentas sesenta e dúas mil novecentas pesetas, IVE incluído (128.862.900 pesetas, IVE incluído). (774.481,63 euros).

Lote 1: moblaxe xeral. 17.143.100 pesetas. (103.032,11 euros) para o ano 2001 e 18.575.600 pesetas.(111.641,60 euros) para o ano 2002.

Lote 2: cadeiras. 16.286.000 pesetas. (97.880,83 euros) para o ano 2001 e 23.774.000 pesetas. (142.884,62 euros) para o ano 2002.

Lote 3: moblaxe clínica. 2.029.500 pesetas. (72.298,75 euros) para o ano 2001 e 12.869.500 pesetas. (77.347,25 euros) para o ano 2002.

Lote 4: aparellos sanitarios. 13.054.200 pesetas. (78.457,32 euros) para o ano 2001 e 5.131.000 pesetas. (90.939,14 euros) para o ano 2002.

Adxudicacións:

Lote nº 1: moblaxe xeral.

Lote nº 2: cadeiras.

a) Data: 10 de xullo de 2001.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: sesenta millóns setecentas corenta e nove mil catrocentas sesenta pesetas, IVE incluído (60.749.460 pesetas, IVE incluído). (365.111,61 euros).

Lote nº 3: moblaxe clínica.

a) Data: 10 de xullo de 2001.

b) Contratista: Esquitinio Martínez, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dezaoito millóns noventa e tres mil duascentas trinta e sete pesetas, IVE incluído (18.093.237 pesetas, IVE incluído). (108.742,54 euros).

Lote nº 4: aparellos sanitarios.

a) Data: 10 de xullo de 2001.

b) Contratista: Boente, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vinte millóns novecentas setenta e nove mil trescentas sesenta e nove pesetas, IVE incluído (20.979.369 pesetas, IVE incluído). (126.088,55 euros).

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos