Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. A Graña.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 36 m de lonxitude, con orixe na liña e C.T. granxa Anide e final no C.T. A Graña, que se vai instalar.
Centro de transformación, tipo caseta prefabricada, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV na Graña. Concello de Arteixo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 28 de setembro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña