Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/334-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Paulino Freire II.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 95 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña BAL 7.28 na rúa Camilo Veiga, alimentando en bucle ó C.T. Paulino Freire II que se proxecta, na urbanización situada entre as rúas Paulino Freire e Camilo Veiga, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 18 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra