Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.349

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Por Resolución do 4 de outubro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario

Oficial de Galicia nº 196, do 9 de outubro, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado por Orde do 28 de agosto de 2001 (DOG nº 170, do 3 de setembro), corrección de erros DOG nº 179, do 14 de setembro, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

A lista definitiva de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia e no da delegación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.

Para efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1., os aspirante excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo presenta-la correspondente solicitude consignando nela o seu nome e apelidos, NIF, e o número de conta (vinte díxitos), entidade bancaria e localidade desta.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación definitiva de excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Adminis

tración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados. Acceso libre:

Nome: Argiz Vallejo, María.

DNI: 36136074

Exclusión: 32.

Nome: Pérez González, Flora.

DNI: 76967763

Exclusión: 32, 53.

Nome: Rodríguez-Cadarso de la Peña, Jaime.

DNI: 44075986.

Exclusión: 32, 53, 54, 55, 56.

Causas de exclusión:

32. Non optar por ningún idioma comunitario.

53. Falta de DNI ou DNI incorrecto.

54. Excluído por non ter ou acredita-la idade esixida.

55. Non cumprir ou acredita-lo requisito de titulación.

56. Defecto de forma na presentación da solicitude.