Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/331-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Guieral.

Situación: concello de Vila de Cruces.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 15 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio s/n da liña exe 702-Cruces ata o C.T. que se proxecta en Guieral, no concello de Vila de Cruces. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 769 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 18 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra