Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/329-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. rúa Marqués de Valterra, nº 39.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 145 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña BAL 7.26 á altura do nº 39 da rúa Marqués de Valterra, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta no nº 39 da rúa Marqués

de Valterra, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 17 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra