Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta, as obras de construcción de ximnasio e obras varias no CEIP O Grupo-Ribeira e outra.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato:

2.1. a) Descrición do obxecto: construcción de ximnasio e obras varias no CEIP O Grupo

b) Lugar de execución: Ribeira.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 20.892.768 pesetas (125.568,06 euros).

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

f) Garantía provisional: exímese (artigo 35.1º do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

2.2. a) Descrición do obxecto: construcción de pasarela cuberta, tratamento de fachadas e obras varias no IES Virxe do Mar.

b) Lugar de execución: Noia.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 19.575.735 pesetas (117.652,23 euros).

e) Garantía provisional: 2% do orzamento de contrata.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. (Unidade Técnica).

b) Domicilio: praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15071.

d) Teléfono: 981 18 47 45, 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

5. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia Se este cae en sábado ou domingo, será o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

-Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

-Localidade: A Coruña 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

6. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cae en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

7. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 24 de outubro de 2001.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña