Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2001 pola que se anuncia a licitación de obra para a construcción dun paso inferior en Moeche (A Coruña) polo procedemento aberto e mediante concurso.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra de construcción dun paso inferior en Moeche (A Coruña).

b) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo autorizado 41.921.875 pesetas (251.195,54 euros).

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de contrato 838.438 pesetas (5.039,11 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación, así como o proxecto, estarán de manifiesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficinas, na Dirección Xeral de Transportes, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza de Europa 5-A (2º andar), 15707 Santiago de Compostela. Teléfono de información: 981 54 45 94.

Tamén se poderá recolle-la documentación deste concurso na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=796, e en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono: 981 58 89 38.

Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: a clasificación requirida será:

Grupo A, subgrupo 1, categoría C. Grupo B, subgrupo 2, categoría C.

Grupo E, subgrupo 7, categoría C. Grupo G, subgrupo 6, categoría B.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións rematará as catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: r/ San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: r/ praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de remate do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG do 14 de decembro)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes