Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión do día 18 de outubro de 2001 acordou prorrogar o prazo de exposición ó público durante un mes e un día a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ames, efectuada na sesión do día 5 de setembro de 2001 contándose este novo prazo a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

A documentación estará nas dependencias municipais e na Casa de Cultura de Bertamiráns onde persoal do equipo redactor do PXOM darán as informacións que os interesados demanden.

Na copistería Copy Estudio, S.L. situada na Rúa Nova de Abaixo nº 19-21, local 2, en Santiago de Compostela, haberá un exemplar da documentación para que os interesados poidan sacar copias dos documentos que dexesen.

O que se fai público con arreglo o establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ames, 24 de outubro de 2001.

O alcalde

Rubricado