En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das
administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.
Número de expediente: 209/2001.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: contrato de subministración.
Descrición do obxecto: mobiliario de hospitalización. Plan necesidades de 2001.
Anuncio de licitación publicado no DOG nº 150, do 3 de agosto de 2001.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Orzamento total: 29.516.000 pesetas (177.394,73 euros).
5. Adxudicación.
Datas: 21 de setembro de 2001.
Contratistas:
adxudicado
Lote Orzamento Euros Adxudicatario Importe
Euros
1 18.800.000 112.990,28 Keiner, S.L. 18.800.000 112.990,28
2 5.200.000 31.252,63 Keiner, S.L. 5.200.000 31.252,63
3 1.760.000 10.577,81 Keiner, S.L. 1.760.000 10.577,81
4 1.830.000 10.998,52 Keiner, S.L. 1.830.000 10.998,52
5 1.926.000 11.575,49 Deserto 0 0,00
29.516.000 177.394,73 Total C.P. 209/2001 27.590.000 165.819,24
En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 26 de setembro de 2001.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña