Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 27 de setembro de 2001, do Servicio Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador 27015/2001, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a proposta de resolución do expediente 27015/2001, por infracción en materia de defensa do cosumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, poida examina-lo expediente, formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide convenientes, advirtíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente e que transcorrido o prazo concedido, dictarase a resolución correspondente.

Expediente: 27015/2001.

Inculpado: Alfredo Manuel Sousa López (Montemar).

Enderezo: r/ Bolaño Rivadeneira, nº 19 de Lugo.

Motivo: negativa a subministrar información e irregularidades en venda.

Data prop. res.: 6-9-2001.

Sanción proposta: cincuenta mil (50.000) pesetas.

Lugo, 27 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial do Instituto Galego

de Consumo