Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Terri
torial, Obras Públicas e Vivenda, do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.
Resolución: 28-8-2001.
Obxecto: instalacións da lonxa para a prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.
Porto: Laxe.
Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Laxe.
Prazo: 5 anos.
Resolución: 28-8-2001.
Obxecto: ocupación de C.T., canalización e liña eléctrica.
Porto: Celeiro.
Adxudicatario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Prazo: 10 anos.
Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.
Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2001.
Emilio García Gallego
Presidente do ente público Portos de Galicia