En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Miño, concellos de Guntín e O Páramo (Lugo) e promovido por Proener.
2. Para os devanditos efectos informativos, poranse ó dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Lugo.
-Concellos de Guntín e O Páramo.
3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contandos a partir do seguinte día a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2001.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental