Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle U.A.8 As Grades. (Expediente 4348/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 11 de outubro de 2001, acordou aprobar inicialmente, por segunda vez, o estudio de detalle U.A.8 As Grades (Oia), promovido polas entidades mercantís Lanzamar, S.A. e Promociones Vital Vigo, S.L., na súa versión definitiva, redactado polos arquitectos José Luis Pereiro Alonso, Alberto Cameselle Lago, Borja Ramilo Méndez e Pedro de la Puente Crespo, visado polo COAG o 6-9-2001 e 25-9-2001.

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, a través de publicación no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación deste expediente atópase á disposición do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xanei

ro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultar descoñecido ou ignorado o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 24 de outubro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo