Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

Mediante Decreto do 24 de setembro de 2001 a Alcadía-Presidencia aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do Plan parcial do SAU-1, sector A, no Monteferro-Panxón, das normas subsidiarias de planeamento municipal, segundo a redacción do arquitecto Francisco Estévez Cerdeira.

Faise pública a referida aprobación en cumprimento do preceptuado no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento, con indicación de que o citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra el cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante a alcaldía, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación ou notificación, se é o caso.

Nigrán, 28 de setembro de 2001.

Manuel Rial Cadaval

Alcalde