De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:
1. Expediente de procedemento: FM 342B 2000/3375-5.
Orde da convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).
Interesado: Galinova Téxtil, S.L.
Enderezo: estrada a Soutomaior 36690 Soutomaior (Pontevedra).
Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 11 de maio de 2001, ó abeiro da Orde do 13-3-2000.
Resolución:
«Examinado o expediente de axudas pola contratación indefinida de traballadores, presentada por Galinova Téxtil, S.L. e tendo en conta os seguintes:
Antecedentes.
Primeiro: a solicitude foi presentada o 28-8-2000 e estimada na Resolución do 1-12-2000, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 400.000 pesetas pola contratación indefinida dun traballador.
Segundo: o pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.
Terceiro: o beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:
Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social e na Axencia Estatal Tributaria.
Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódolas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.
-Alta no imposto de actividades económicas.
-TC1 e TC2, dos meses seguintes: setembro/2000, marzo/2000, setembro/1999 e abril/1999.
Cuarto: na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.
Fundamentos.
Primeiro: a competencia, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, correspóndelle a esta delegación provincial en virtude do artigo 3 da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000.
Segundo: o artigo 11 da orde reguladora determina a revogación das axudas e subvencións concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).
Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial
RESOLVE:
Revoga-la resolución desta delegación provincial do 1-12-2000, pola que se lle concedeu ó interesado
unha axuda por un importe total de 400.000 pesetas pola contratación indefinida dun traballador.
Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que non pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contecioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación,, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade con disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 11 de maio de 2001. P.D. Delegado Provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez».
Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.
Vigo, 18 de setembro de 2001.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra