Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de aproveitamento de recursos da sección A Cuarcitas de Vilagocende, da provincia de Lugo.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de aproveitamento de recursos da sección A Cuarcitas de Vilagocende, situada en terreos do concello da Fonsagrada, provincia de Lugo, e solicitado por Europizarras, S.A.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da delegación provincial de Industria correspondente, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria