Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO do 19 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Urbanismo, para someter a información pública o proxecto sectorial para a implantación da plataforma loxística-industrial no solo delimitado dos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves.

En atención ó acordado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 27 de setembro do ano que corre, e en cumprimento do disposto nos artigos 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública o proxecto sectorial para a implantación da plataforma loxística-industrial no solo delimitado dos concellos de Salvaterra do Miño e As Neves polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, calquera persoa poderá examinalo, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Urbanismo sitas nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, e presenta-las alegacións, documentos e xustificacións que coide pertinentes.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2001.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo