Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de outubro de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan acordos de concesión de aprazamentos ou fraccionamentos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Molina García, Margarita e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de concesión de aprazamentos ou fraccionamentos, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 48 e seguintes do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con domicilio na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 2 de outubro de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Molina García, Margarita

DNI: 36144996

Manuel de Castro, 5, 2º A

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 26538/2000.

Liq. 600000120176

Quintás López, Francisco

DNI: 38052084

Camiño do Monte, 8

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 4612/1997.

Liq. 600602556882