Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da toma de coñecemento do avance do PERI 16-04 O Raviso 1 A. (Expediente 7097/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 13 de setembro de 2001, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Tomar coñecemento do avance do Plan Especial de Reforma Interior do PERI 3 O Raviso, do núcleo 16-04 O Raviso 1, de San Pedro de Sárdoma, expediente 7097/411, de iniciativa municipal, redactado pola arquitecta María A. Leboreiro Amaro, así

como das suxestións formuladas a el pola Oficina Técnica de Planeamento, expresadas na parte expositiva do presente acordo.

Segundo.-Somete-lo expediente a información ó público polo prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, co fin de que as distintas entidades e os particulares poidan formula-las suxestións que se estimen oportunas, e presenta-las propostas de convenios urbanísticos que se estimen procedentes.

Terceiro.-Déase traslado de copia do expediente á CPTOPV, á Delegación do Goberno en Galicia, así como á Comisión Provincial do Patrimonio Histórico e Documental da Delegación Provincial da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e ó Departamento de Patrimonio Histórico e Medio Ambiente do Concello de Vigo, tendo en conta a lexislación sectorial do patrimonio que poida afectar a Augas de Galicia pola incidencia do curso do río Lagares, así como á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e á Demarcación de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, tendo en conta a lexislación sectorial de estradas que a afecta.

O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 24 de setembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo