Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de setembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, propostas de resolución de expedientes administrativos de desafiuzamento por non ocupación, derivados de regularización (expediente 33 e 35/2001).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, a proposta de resolución de desafiuzamento acordada pola instructora do expedientes do IGVS da Coruña por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 24 de setembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefe de Área provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 33/2001.

Expedientada: Sara Peña Martínez e herdeiros.

Último domicilio coñecido: avda. 19 de Febreiro, 21, bloque 5, 2º B (Ferrol).

(Expediente C-79, conta 21).

Nº expediente de desafiuzamento: 35/2001.

Expedientada: María Varela Vales e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Virxen de Chamorro, vivenda nº 19 B, Serantes (Ferrol).

(Expediente C-79, conta 19).