Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para o desenvolvemento dun plan de formulación estratéxica deste complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e urxente. (Expediente 61/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das

atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

I. Obxecto: asistencia técnica para o desenvolvemento dun plan de formulación estratéxica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

II. Orzamento estimado: 13.500.000 pesetas (trece millóns cincocentas mil pesetas), IVE incluído.

81.136,63 euros (oitenta e un mil cento trinta e seis euros con sesenta e tres céntimos).

III. Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación (270.000 pesetas, 1.622,73 euros).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

IV. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e urxente.

V. Prazo de execución: cinco meses, desde o 1 de novembro de 2001 ou data da sinatura do contrato se é posterior. Antes do seu vencemento, por mutuo acordo de ámbalas dúas partes, este contrato inicial poderá prorrogarse nos termos establecidos no artigo 198 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

VI. Admisión de variantes: non.

VII. Solvencia económica e financeira: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

VIII. Solvencia técnica: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

IX. Criterios de adxudicación:

1. Proposta técnica ata un máximo de 50 puntos.

2. Configuración equipo técnico (número e C.V. integrantes) ata un máximo de 20 puntos.

3. Oferta económica ata un máximo de 20 puntos.

4. Diminución do prazo de execución ata un máximo de 10 puntos.

X. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Admi

nistrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, edificio B, planta 1ª, A Choupana, s/n 15706-Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

XI. Clasificación: non se esixe.

XII. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, edificio B, planta 1ª, A Choupana, s/n 15706-Santiago de Compostela, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

XIII. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ás 10 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

XIV. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

XV. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela