Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación de subministración de equipamento para os servicios de neumoloxía e medicina preventiva deste complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e urxente. (Expediente 78/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das

atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: subministración de equipamento para os servicios de Neumoloxía e Medicina Preventiva do CHUS, estructurada en dous lotes:

Lote 1: equipo de videobroncoscopia.

Lote 2: medidor de aerobiocontaminación.

Orzamento estimado: 5.950.000 pesetas (cinco millóns novecentas cincuenta mil pesetas), IVE incluído.

35.760,22 euros (trinta e cinco mil setecentos sesenta euros con vintedous céntimos).

Orzamento por lotes: lote 1: 5.200.000 pesetas (31.252,63 euros).

Lote 2: 750.000 pesetas (4.507,59 euros).

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presente oferta:

Nº de lote: 1.

Importe en pesetas: 104.000 pesetas.

Importe en euros: 625,05 euros.

Nº de lote: 2.

Importe en pesetas: 15.000 pesetas.

Importe en euros: 90,15 euros.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e urxente.

Prazo de execución: vinte días, desde a formalización do contrato. Este contrato non admite prórroga.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditación libre atendendo os criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditación libre atendendo os criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

Número de puntos

1. Oferta económica:ata 50 puntos.

2. Oferta técnica:

*Calidade:ata 40 puntos.

*Servicio técnico pos-venda:ata 10 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, A Choupana, s/n - 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de con

tratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ás 10 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela