Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dunha consultoría e asistencia externa para a elaboración en soporte multimedia de oito cursos de formación ocupacional.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

c) Número de expediente: 24/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: elaboración en soporte multimedia de oito cursos de formación ocupacional:

Lote I. Novas tecnoloxías: EMDI01 programas de retoque dixital e escaneado de imaxes, EMXX01 ofimática, MOEL 23 instalador de equipos e sistemas audiovisuais e multimedia, MOEL24 instalador de liñas e equipos de comunicación.

Lote II. Formador ocupacional: DOFF13 dirección de procesos de aprendizaxe, DOFF14 avaliación da formación, DOFF15 procesos de mellora da calidade da formación, DOFF17 planificación e deseño de programas de formación.

b) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 148.105.845 pesetas (890.134,05 euros).

Importe lote I: 92.105.625 pesetas (553.565,95 euros).

Importe lote II: 56.000.220 pesetas (336.568,10 euros).

5. Garantías.

Provisional:

Lote I: 1.842.113 pesetas (11.071,32 euros).

Lote II: 1.120.004 pesetas (6.731,36 euros).

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Subdirección Xeral de Formación Ocupacional.

b) Domicilio: San Caetano s/n (teléfono: 981 54 54 00).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: información 981 54 46 92, 981 54 56 16.

e) Fax: 981 54 46 04.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación, no seguinte enderezo da Internet:

http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=791.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que é preciso presentar: a sinalada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no rexistro de contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería o décimo día hábil seguinte ó da fin do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2001.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude