Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Federación CIG-Administración Pública.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeal, presentouse o día 13 de setembro de 2001, a acta do III Congreso da Federación CIG-Administración Pública, celebrado en Lugo o 22 e 23 de xuño de 2001, na que se recollen as modificacións estatutarias aprobadas no devandito congreso, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Asinan a acta do III Congreso da CIG-Administración Pública Rosa Paz Seco e outros membros compoñentes da mesa do congreso.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais