Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación de Defensa Sanitaria Gandeira Saniovica.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación de Defensa Sanitaria Gandeira Saniovica que ten os seguintes ámbitos.

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da asociación o titular dunha explotación de ovino e/ou cabrún.

Asinan a acta de constitución Alfredo Márquez Martínez e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais