Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, dos traballos de consultoría e asistencia para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e realización de cartografía.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Pazos de Borbén.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición:

-Redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

-Realización de cartografía a escala 1/2000 en tódolos núcleos de poboación. Estes traballos realizaranse seguindo as directrices indicadas nos correspondentes pregos de prescricións técnicas.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: punto 2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

-11.431.341 pesetas.

5. Garantías:

-Provisional: 228.627 pesetas.

-Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Pazos de Borbén.

b) Enderezo: Pazos, nº 52, 36841 Pazos de Borbén.

c) Teléfono: 986 49 70 35. Fax: 986 49 71 46.

d) Data límite de obtención de documentos e información:

-Ata o día en que remate o prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

-Acreditación de solvencia económica, ter relación co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 13º día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG (última publicación).

b) Lugar de presentación:

-No rexistro xeral do concello, de luns a sábado de 9 a 14 horas, ou ben de calquera das maneiras previstas na Lei 30/1992.

c) Documentación que se presentará: a esixida no prego de condicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Pazos de Borbén.

b) Data: ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte, excepto sábado, ó do remate da presentación de ofertas.

10. Gastos dos anuncios:

-Serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

a) Criterios de adxudicación do concurso: os establecidos no prego de condicións.

b) Modelo de proposición: axustaranse ós establecidos no prego de condicións.

12. Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas:

-O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas sométense á información pública durante o prazo de oito días hábiles, contado desde a publicación do presente anuncio no BOP, para que os interesados poidan examinalo e, de se-lo caso, presentar reclamacións.

En ámbolos casos, de presentárense reclamacións, a licitación quedará suspendida ata que estas se resolvan.

Pazos de Borbén, 21 de outubro de 2001.

O alcalde

Rubricado