Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 17 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de desistencia do 11 de maio de 2001 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 1999/3711-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación o domicilio sinalado polo interesado da resolución de desistencia da solicitude das axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 342B 1999/3711-5.

Orde de convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Dismedia Diseño Multimedia, S.L.

Enderezo: Oliva, 4-3º B, 36001 Pontevedra.

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data do 11 de maio de 2001, ó abeiro da Orde do 13-3-2000.

Resolución:

«Examinada a solicitude de axudas pola contratación indefinida de traballadores, presentada por José Ángel Villar Poza, en nome e representación de Dismedia Diseño Multimedia, S.L., e tendo e conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 2-9-1999.

Segundo.-O Servicio de Fomento do Emprego desta delegación provincial notificoulle ó interesado o 25-11-1999 o requirimento de emenda da súa solicitude.

Terceiro.-O solicitante non achegou a documentación requirida no prazo concedido.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia desta Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, para coñecer e resol

ve-la presente solicitude, vén determinada polo artigo 3 da Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo) pola que se regulan os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

Segundo.-Artigo 5.1º da orde reguladora en relación cos artigos 71 e 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Declara-la desistencia da súa solicitude.

Notifíquese ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 11 de maio de 2001. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 17 de setembro de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra