Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/97-2, 5659 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en estr. de Currelos.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa con lonxitude de 0,017 km con orixe na L.M.T. Circunvalación Monforte de Lemos, conductor tipo LA-56 e final na L.M.T. subterránea de estr. de Currelos. L.M.T. subterránea con lonxitude de 0,76 km, con orixe no apoio nº 1 da L.M.T. aérea a C.T. de estr. de Currelos, conductor tipo R.H.V. e final no C.T. estr. de Currelos. C.T. prefabricado con potencia de 250 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea de estr. de Currelos con loxnitude de 1,575 km, con orixe no apoio nº 1 da R.B.T. de estr. de Currelos, conductor tipo R.Z., e apoios de formigón. R.B.T. subterránea con lonxitude de 0,08 km con orixe no C.T. de estr. de Currelos, conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 4 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo