Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da Alcaldía do 9-10-2001 e do disposto nos artigos 78 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de obra.

1. Obxecto: rehabilitación interior e ampliación do edificio do antigo matadoiro municipal para centro de día da 3ª idade.

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: poxa.

5. Prezo e financiamento: trinta e catro millóns de pesetas (34.000.000 de pesetas, equivalentes a 204.344,11 euros) IVE incluído, con cargo á partida orzamentaria 313-622.

6. Prazo de execución: seis meses.

7. Período de garantía: un ano.

8. Fianza provisional: excluída.

9. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

10. Clasificación: empresa de obras, grupo C, subgrupos 4 e 6, categoría c).

11. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do artigo 8 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, pza. de España, nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, teléfono: 982 12 86 50, fax: 982 13 09 75, horario de atención ó público de 9 a 14 horas, de luns a venres.

12. Modelo de proposición.

D/Dª... veciño/a de..., con enderezo en..., titular do DNI nº..., en nome propio (ou en representación de..., conforme acredita con poder verificado), informado da poxa tramitada, por urxencia, polo Concello de Ribadeo para a adxudicación, mediante procedemento aberto, das obras de rehabilitación interior e ampliación do edificio do antigo matadoiro para centro de día da 3ª idade, manifesta o coñecemento e conformidade cos pregos de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas, e comprométese a executalas na forma determinada nos citados pregos por un prezo de..., pesetas (en letra e número).

13. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 11 do prego, dentro dos 10 días seguintes ó do remate de presentación de ofertas e logo de convocatoria ós licitadores.

Ribadeo, 19 de outubro de 2001.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde