Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obras.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación da obra que a seguir se relaciona:

-Acondicionamento de local municipal na Barcala-Cambre: orzamento: 13.246.593 pesetas, IVE incluído, (79.613,63 euros).

O anuncio de licitación publicouse no BOP da Coruña nº 240, do 19 de outubro do ano que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da Casa do Concello, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días, de conformidade co establecido no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 20 de outubro de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde