1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Industria e Comercio
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.
Número de expediente: 7/01 DXPI.
2. Obxecto do contrato.
Descrición do obxecto: o asesoramento e control das accións de política de fomento e desenvolvemento do sector artesanal galego, que se están a levar a cabo desde a Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas da Consellería de Industria e Comercio.
Prazo de execución: desde el 11 de decembro de 2001 ata o 10 de decembro de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 13.000.000 de pesetas (78.131,57 euros), IVE incluído.
5. Garantías.
Provisional: exento.
6. Obtención de documentación e información.
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
Teléfono: 981 54 54 48.
Fax: 981 54 49 49.
Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion
Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económica financeira, de conformidade co artigo 16.1º a) e c) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), pola que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP) mediante calquera dos seguintes medios: informe das institucións financeiras ou declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exer
cicios e relacionados co obxecto do contrato. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19 b) do citado texto refundido, mediante a presentación dunha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados.
Lugar de presentación:
Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.
Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.
8. Apertura das ofertas.
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.
Hora: dez horas.
9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2001.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Industria e Comercio