Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

01/105-3). 13.852

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/309-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e c. seccionamento Bendoiro de Abaixo nº 1.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 780 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. aérea existente entre os CC.TT. Prado e Gandufe, denominada Anzo, ata o C.T. que se proxecta en Bendoiro de Abaixo nº 1, no Concello de Lalín. Centro de seccionamento cun conxunto de celas compactas SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 6 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra