Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, para a execución das obras do proxecto de humanización do barrio do Calvario en Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº de expediente: 33530/250.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras do proxecto de humanización do barrio do Calvario en Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 144.090.682 pesetas (866.002,44 euros).

5. Garantías provisionais: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría b; grupo E, subgrupo 1, categoría b; grupo G, subgrupo 6, categoría b; grupo I, subgrupo 1, categoría b.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a exisida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 10 de outubro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde