Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 168/2001 e dous máis.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándolle que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación

no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

A Coruña, 19 de setembro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Exp. nºActa nºTitularNIF/DNIEnderezoMateriaData res.Sanción

168/200195/2001Luminosos Aster, S.L.B-15386741Rosalía de Castro, 9 baixo, Milladoiro-AmesSeguridade e hixiene9-8-2001500.000 ptas.

264/2001328/2001Jorge Lence Vázquez79310781-LR/ da Torre, 2, BetanzosSeguridade e hixiene3-8-2001100.100 ptas.

280/2001361/2001Contratas y Cubiertas

Estrada, S.L.

B-15577760R/ Senra, 8-2º pta. 3, Santiago de CompostelaSeguridade e hixiene14-8-2001300.000 ptas.