Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/107-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modif. 1 ó recuamento L.M.T.A. Tambre.

Situación: Outes.

Descricións técnicas: modificación 1 da traza da L.M.T. interconexión L.M.T. Tambre-Outes-Pino do Val coa L.M.T. a Pumar e Savín, a cal se realiza de forma subterránea en vez de aérea, como se detallaba no proxecto orixinal, a liña ten a orixe nunha torre metálica s/n da L.M.T. triple circuíto (expediente 50610) e tras tenderse un van de 60 m pasará a subterránea, ata a interconexión coa L.M.T. de simple circuíto Pumar e Savín (expediente 50610). Outes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña